VIII RUTA CULTURAL. POR TERRAS DE… PADRÓN, DODRO E RIANXO. DOMINGO 26 DE MARZO DE 2023. SAÍDA ÁS 9:00 HORAS DENDE A CASA DA CULTURA DE VILALBA.

VIII RUTA CULTURAL. POR TERRAS DE… PADRÓN, DODRO E RIANXO. DOMINGO 26 DE MARZO DE 2023. SAÍDA ÁS 9:00 HORAS DENDE A CASA DA CULTURA DE VILALBA.

2023, Rutas
O IESCHA organiza a VIII Ruta Cultural polas terras de PADRÓN, DODRO e RIANXO, prevista para o domingo 26 de marzo de 2023 e co seguinte  PROGRAMA  A saída de Vilalba, dende a Casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas. Unha vez en PADRÓN, daremos comezo a visita á CASA DE ROSALÍA, onde poderemos disfrutar das explicacións de ANXO ANGUEIRA, presidente da Fundación Rosalía de Castro.  Unha vez rematada esta visita, dirixirémonos a DODRO, onde poderemos contemplar os HÓRREOS DE IMO, contando coa presenza dalgún representante cultural da vila. A continuación, seguiremos viaxe ata RIANXO, onde terá lugar o xantar na Parrillada OURENSE.  (Estrada Tanxil, 37, 15920 Rianxo, A Coruña- telf.- 981 86 65 05) Despois, visitaremos a CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO e as CASAS DO REMO en RIANXO para o que contaremos coa participación de CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO, arquitecto, director da oficina de…
Ler máis
CONFERENCIA DE VANESA SISO: “A COUSIFICACIÓN E MERCANTILIZACIÓN DO CORPO DAS MULLERES. REVISIÓN DAS CANTIGAS DE TRADICIÓN ORAL”. 10-03-23-ÁS 20:00-NA CASA DA CULTURA

CONFERENCIA DE VANESA SISO: “A COUSIFICACIÓN E MERCANTILIZACIÓN DO CORPO DAS MULLERES. REVISIÓN DAS CANTIGAS DE TRADICIÓN ORAL”. 10-03-23-ÁS 20:00-NA CASA DA CULTURA

2023, Actividades, Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos organiza o venres 10 de marzo de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a CONFERENCIA “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”, impartida por VANESA SISO. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha. Esta será a segunda conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO. VANESA RUT SISO CALVO Xornalista especializada en comunicación política e social, técnica de igualdade. Entre a súa importante e variada actividade destacaremos:  Ponencia en xornadas sobre a igualdade:  2019- Teoría feminista, UNED 2018-2019- Participación tertulias radiofónicas igualdade,…
Ler máis
ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “A CASA DA TOIA”, OBRA DE TEATRO ESCRITA POR MANUEL FERREIRO, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, SÁBADO 25 DE FEBREIRO (VIDEO-RESUME)

ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “A CASA DA TOIA”, OBRA DE TEATRO ESCRITA POR MANUEL FERREIRO, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, SÁBADO 25 DE FEBREIRO (VIDEO-RESUME)

2023, Presentacións libros, RESEÑA, Vídeos
O público que encheu a Casa da Cultura de Vilalba este sábado último de febreiro, puido comprobar a orixinal e xenuína presentación do libro A CASA DA TOIA levada a cabo polo seu autor Manuel Rubiños Ferreiro, unha obra de teatro editada polo Iescha e que fai o número 30 da colección Biblioteca Chairega.  Por alí andaban boa parte dos personaxes da obra: DONA VIRTUDES, viúva de don Xervasio, LURDITAS, irmá de dona Virtudes e monxa en Mondoñedo, MARÍA LUCITA, empregada de dona Virtudes, FLORENCIO, cego que canta polas feiras, CAETANO, guía de Florencio, o cego, e DON FACUNDO, o crego. Antes falaron: Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, e Clara Naseiro que, enfundada na súa carecterización de María Lucita, foi abrindo camiño para ir coñecendo un pouco máis do libro. Dende…
Ler máis
“ROSALÍA NAS PANTALLAS”, RELATORIO DE MARTIN PAWLEY. PROGRAMACIÓN DAS XORNADAS ROSALIANAS 2023. CASA DA CULTURA DE VILALBA, 24-02-2023 (VIDEO-RESUME)

“ROSALÍA NAS PANTALLAS”, RELATORIO DE MARTIN PAWLEY. PROGRAMACIÓN DAS XORNADAS ROSALIANAS 2023. CASA DA CULTURA DE VILALBA, 24-02-2023 (VIDEO-RESUME)

2023, RESEÑA, Vídeos, Xornadas
Dentro das Xornadas Rosalianas 2023, organizadas polo Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitírica e o Instituto de Estudos Chairegos, tivo lugar este venres, na Casa da Cultura vilalbesa, un interesantísimo relatorio de Martin Pawley, crítico, programador e produtor cinematográfico, co título de ROSALÍA NAS PANTALLAS, onde o conferenciante foi ilustrando a súa intervención con cortes videográficos coa presenza de Rosalía de Castro e da súa obra no cinema e na televisión do século XX, que non foi moi extensa pero si de grande interese. Dende a organización, expresamos o noso agradecemento e os parabéns a Martin Pawley por axudarnos a coñecer un pouco mellor a figura de Rosalía de Castro dende outro punto de vista e dun xeito moi ameno, didáctico e participativo. https://youtu.be/9lnM4k3bSxc
Ler máis
ILUSTRACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS – IESCHA CO GALLO DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 23 DE FEBREIRO DE 2023:                                                                          ROSALÍA SEMPRE NOVA, SEMPRE NOSA, SEMPRE VIVA

ILUSTRACIÓN DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS – IESCHA CO GALLO DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 23 DE FEBREIRO DE 2023: ROSALÍA SEMPRE NOVA, SEMPRE NOSA, SEMPRE VIVA

2023, Homenaxes
23 de febreiro de 2023 DÍA DE ROSALÍA SEMPRE NOVA, SEMPRE NOSA, SEMPRE VIVA Ilustración do Instituto de Estudos Chairegos co gallo do Día de Rosalía. A continuación inserimos algúns enlaces de interese sobre a figura de Rosalía de Castro. https://rosalia.gal/rosalia/a-poeta-nacional/ https://www.cultura.gal/es/ciclo/dia-rosalia https://gl.wikipedia.org/wiki/Rosal%C3%ADa_de_Castro http://consellodacultura.gal/fondos_documentais/epistolarios/epistolario.php?epistolario=1657
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO EDITADO POLO IESCHA “A CASA DA TOIA”, DE MANUEL FERREIRO – NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, O SÁBADO 25 DE FEBREIRO, ÁS 20:00 HORAS.

PRESENTACIÓN DO LIBRO EDITADO POLO IESCHA “A CASA DA TOIA”, DE MANUEL FERREIRO – NA CASA DA CULTURA DE VILALBA, O SÁBADO 25 DE FEBREIRO, ÁS 20:00 HORAS.

2023, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudios Chairegos organiza a presentación do libro “A CASA DA TOIA” de Manuel Ferreiro, o sábado 25 de febreiro de 2023, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.  No acto, intervirán o propio autor do libro, Manuel Rubiños Ferreiro, así como a artesá Clara Naseiro e a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro. Nas noites esquecidas no tempo,óese unha música en Montenegrodo ar que ouvea coas ánimas,coas ánimas que choran no vento.As xentes que alí vivengardan unha lenda,coma un segredo,que fala de vivos e mortosna vila de Montenegro.Nas noites de ánimas frías,cando tolle os ósos o vento,camiñan as almas en pena,mesturadas coas luces do ceo.Os vivos que viron istono lles fai falta sustento,levounos a Santa Compañaao amencer hai tempo. A todos aqueles que viviron na vila…
Ler máis
OFRENDA FLORAL E RECITADO NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA DENTRO DAS XORNADAS ROSALIANAS ORGANIZADAS POR IESCHA-NPG-CONCELLO DE VILALBA (video-resume)

OFRENDA FLORAL E RECITADO NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA DENTRO DAS XORNADAS ROSALIANAS ORGANIZADAS POR IESCHA-NPG-CONCELLO DE VILALBA (video-resume)

2023, Homenaxes, RESEÑA, Vídeos
Ofrenda floral, con lectura de poemas por parte de estudantes do IES Basanta Silva e acompañamento musical, este sábado no parque Rosalía de Castro de Vilalba, dentro da programación das Xornadas Rosalianas 2023 organizadas polo Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, a Nova Poesía Guitírica-NPG e o Concello de Vilalba. (Video-resume) https://youtu.be/Mr4YpG9iGVE
Ler máis
CONFERENCIA DE CARLOS MÉIXOME: “UNHA CATA NA NOVA LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA” CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO-RESUME)

CONFERENCIA DE CARLOS MÉIXOME: “UNHA CATA NA NOVA LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA” CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO-RESUME)

2023, Conferencias, RESEÑA, Vídeos
UNHA CATA NA NOVA LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA Conferencia de CARLOS MÉIXOME  A memoría histórica, a memoria democrática, diferencia entre memoria e historia, a condena do rexime franquista, a lei de amnistía, ilexitimidade, ilegalidade, relato franquista, Manuel Fraga, 25 anos de paz, Spain is different, persecución, vítimas, dolor das vítimas... foron algunhas das verbas e dos conceptos esgrimidos por Carlos Méixome na interesante conferencia que pronunciou na tarde noite deste venres, na Casa da Cultura vilalbesa (agardemos que máis pronto que tarde Casa da Cultura Manuel María) nun acto organizado polo IESCHA, coa presentación de Marisa Barreiro.  Todo o anterior salpicado con anécdotas significativas da temática tratada por parte do conferenciante, e un participativo debate posterior. Parabéns do IESCHA a Carlos Méixome por brindarnos a oportunidade de coñecer o seu punto…
Ler máis
NO XX ANIVERSARIO DA TOMA DE POSESIÓN DE MANUEL MARÍA NA RAG O IESCHA SOLICITA DE NOVO AO CONCELLO QUE A CASA DE CULTURA LEVE O NOME DE MANUEL MARÍA

NO XX ANIVERSARIO DA TOMA DE POSESIÓN DE MANUEL MARÍA NA RAG O IESCHA SOLICITA DE NOVO AO CONCELLO QUE A CASA DE CULTURA LEVE O NOME DE MANUEL MARÍA

2023, Comunicados
Hai 20 anos, un 15 de febreiro de 2003, a Real Academia Galega celebraba sesión extraordinaria pública de recepción como membro numerario de Manuel María Fernández Teixeiro. O acto, lembremos, levouse a cabo no Auditorio Municipal de Vilalba por expreso desexo do propio Manuel María, e no que o Iescha participou activamente. Hoxe, vinte anos despois, o Instituto de Estudos Chairegos quere conmemorar dita efeméride co envío á Sra. Alcaldesa do Concello de Vilalba do escrito que reflectimos a continuación e no que solicitamos, unha vez máis, que definitivamente a CASA DA CULTURA DE VILALBA leve o nome de MANUEL MARÍA. “O Instituto de Estudos Chairegos, ao abeiro da ordenanza núm. 50 (Regulamento Especial de Honras, Distincións e Protocolo Cerimonial do Concello de Vilalba), co gallo da celebración do vixésimo aniversario do…
Ler máis
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “SANTOALLA” DE ANDREW BECKER E DANIEL MEHER, PRODUCIDO POR CRISTINA DE LA TORRE. 11-02-2023-AUDITORIO DE VILALBA (VIDEO-RESUME)

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “SANTOALLA” DE ANDREW BECKER E DANIEL MEHER, PRODUCIDO POR CRISTINA DE LA TORRE. 11-02-2023-AUDITORIO DE VILALBA (VIDEO-RESUME)

2023, Cine, RESEÑA, Vídeos
Na noite deste sábado, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Iescha programaou a proxección do documental SANTOALLA, que trata da desaparición e do asasinato do neerlandés Martin Verfondern na aldea de Santoalla (Petín) en xaneiro de 2010. O documental, que recibiu numerosos premios, está dirixido polos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer e producido pola galega CRISTINA DE LA TORRE, coa que tivemos a sorte e o placer de poder contar para comentarnos aspectos moi interesantes deste excelente documental e de participar nun animado debate ao remate da proxección. Parabéns, Cristina, por este sensacional traballo, dende o Iescha agradecemos moi sinceramente a túa presenza e participación no acto. Moitas grazas tamén ao público que asistiu á proxección sendo ademais partícipe moi activo no debate posterior. ...E poucos minutos máis tarde,…
Ler máis