RESEÑA DA CHARLA IMPARTIDA POR IVÁN PRADO “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, NUN ACTO ORGANIZADO POLO IESCHA NA CASA DA CULTURA DE VILALBA ESTE MARTES 12 DE MARZO. (GALERÍA E VIDEO)

RESEÑA DA CHARLA IMPARTIDA POR IVÁN PRADO “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, NUN ACTO ORGANIZADO POLO IESCHA NA CASA DA CULTURA DE VILALBA ESTE MARTES 12 DE MARZO. (GALERÍA E VIDEO)

2024, FOTOS, Vídeos
O acto que na noite deste martes 12 de marzo organizou o Iescha  non só buscaba analizar e comprender a situación de agravio e inxustiza na que se atopa o pobo Palestino, senón reafirmar unha vez máis o  compromiso do IESCHA coa defensa dos seus dereitos  e a búsqueda dunha solución xusta e duradeira para o conflito nesa rexión, tal e como ven reivindicando acto tras acto, dende que comezou o mesmo Marisa Barreiro, residenta do IESCHA E foi Marisa Barreiro a que tomo a palabra en primero lugar para facer a presentación de Iván Pérez, compoñente de Pallasos en Rebeldía, relatando con emotividade diversas anécdotas e circunstancias que o conduciron polo fantástico camiño da palabra, do humor e do sorriso, agradecéndolle a súa presenza neste significativo acto complementario e enmarcado tamén na exposición “Voces…
Ler máis
CONFERENCIA DE GUILLERMINA DOMÍNGUEZ: “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”. VENRES 15/03  20:00H. CASA DA CULTURA

CONFERENCIA DE GUILLERMINA DOMÍNGUEZ: “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”. VENRES 15/03 20:00H. CASA DA CULTURA

2024, Actividades, Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o venres 15  de marzo de 2024, ás  20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia impartida por GUILLERMINA DOMÍNGUEZ sobre “TRES MULLERES GALEGAS DE ARMAS TOMAR; MARÍA BALTEIRA, MARÍA CASTAÑA E MARÍA SOLIÑA”, e será presentada por MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. A conferencia de Guillermina Domínguez ten como precedente o libro “Tres mulleres galegas de armas tomar'. María Balteira, María Castaña e María Soliña” escrito pola propia Guillermina Domínguez Touriño e por Felicia Estévez Salazar e publicado no ano 2009 por Baía Edicións.  “O libro é unha escolma das tres marías, máis antigas, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: María Castaña, María Soliña e María Balteira, unha nova historia coas poucas fontes e referencias que delas hai, os moitos rumores que tamén corren ao falar delas e as ganas de facer…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DO IESCHA: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS” DE PABLO CES, COA INTERVENCIÓN DE AURORA MARCO, GUIONISTA E PRODUTORA. (GALERÍA FOTOS E VIDEO RESUME) 

RESEÑA DO ACTO DO IESCHA: PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS” DE PABLO CES, COA INTERVENCIÓN DE AURORA MARCO, GUIONISTA E PRODUTORA. (GALERÍA FOTOS E VIDEO RESUME) 

2024, FOTOS, RESEÑA
Emocionante, conmevodora e necesaria historia a presenciada este xoves 7 de marzo na Casa da Cultura de Vilalba coa proxección do documental “As Silenciadas”, de Pablo Ces, con guión e produción de Aurora Marco, nun acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos. Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, deu comezo ao acto facendo especial mención á data na que ten lugar este acto e a temática do mesmo, poñendo en valor a loita constante da muller na búsqueda da igualdade ao longo do tempo. A continuación presenta a Aurora Marco, guionista e produtora do documental, autora de libros e colaboradora en infinidade de medios. Destaca tamén dela a súa feceta como persoa de compromiso e gran traballadora pola recuperacion da memoria e en especial das mulleres galegas.  Na súa primeira intervención antes…
Ler máis
IVÁN PRADO: “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, CHARLA CON MATERIAL VIDEOGRÁFICO. O MARTES 12 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

IVÁN PRADO: “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, CHARLA CON MATERIAL VIDEOGRÁFICO. O MARTES 12 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2024, Actividades, Charla-Coloquio
O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o martes 12 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, un acto de apoio ao pobo palestino denominado “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA” no que IVÁN PRADO, no marco da exposición “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN” montada pola Biblioteca “Agustín Fernández Paz” do IES Basanta Silva de Vilalba e que aínda permanece aberta na propia Casa da Cultura, impartirá unha charla sobre o tema apoiándose tamén en material videográfico. Entrada libre ata completar aforo. Iván Prado (Lugo).- Director de Festiclown, Portavoz de Pallasos en Rebeldía, Clown Internacional, Formador e Director de Clown, “Artivista” Intercontinental e Dinamizador de Procesos. É o director dos festivais Festiclown (Galicia), Festiclown Multisede (Madrid, Asturias e Galicia), Festiclown Palestina, Festiclown Favela (Río de Xaneiro),…
Ler máis
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS” DE PABLO CES. INTRODUCIÓN E CHARLA-COLOQUIO DE AURORA MARCO, GUIONISTA DO MESMO. XOVES 7 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS” DE PABLO CES. INTRODUCIÓN E CHARLA-COLOQUIO DE AURORA MARCO, GUIONISTA DO MESMO. XOVES 7 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2024, Actividades, Charla-Coloquio, DOCUMENTAL
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos programados para o primeiro trimestre do ano, organiza o xoves 7 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS”, realizado por PABLO CES, con guión do propio Pablo Ces e de AURORA MARCO, que levou a cabo un importante traballo de investigación sobre o tema, e que estará presente no acto para facer a introdución ao documental así como participar na charla-coloquio posterior á súa proxección. A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. “As silenciadas”, estreado no ano 2010, é un documental histórico que recupera historias de vida, contextualizadas, de numerosas mulleres que estiveron na clandestinidade ou apoiaron desde o chairo o movemento guerrilleiro, e que pola súa defensa foron duramente represaliadas, ben coa morte, ou ben co cárcere, a tortura, o desterro ou o exilio.…
Ler máis
RESEÑA DOS ACTOS ORGANIZADOS POLO IESCHA NO DÍA DE ROSALÍA-23 DE FEBREIRO, DENTRO DA PROGRAMACIÓN “QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA” PREVISTA PARA FEBREIRO E MARZO.  (GALERÍA FOTOGRÁFICA)

RESEÑA DOS ACTOS ORGANIZADOS POLO IESCHA NO DÍA DE ROSALÍA-23 DE FEBREIRO, DENTRO DA PROGRAMACIÓN “QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA” PREVISTA PARA FEBREIRO E MARZO. (GALERÍA FOTOGRÁFICA)

2024, FOTOS, Homenaxes, RESEÑA
Era un día para celebrar. Un día para homenaxear a unha gran muller,  galega e universal. Un día para o recoñecemento a unha escritora que trascende o tempo e o espazo. Un día para admirar a Rosalía de Castro. Nun 23 de febreiro. No DÍA DE ROSALÍA. Como tiña que ser! E a xente do IESCHA tíñao moi claro. Para elo, preparou con todo entusiasmo e cariño os actos deste día de homenaxe á nosa gran escritora. A celebración comezou coa Ofrenda Floral levada a cabo no Parque Rosalía de Castro, ao carón do monolito e da figueira alí prantada na súa memoria. Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, deu lectura ao manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), escrito por Carlos Callón, cheo de belleza e sensibilidade, e que podemos…
Ler máis
RESEÑA DA CONFERENCIA “ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”,  IMPARTIDA POR PILAR GARCÍA NEGRO O VENRES 16 DE FEBREIRO DE 2024, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA (GALERÍA FOTOGRÁFICA)

RESEÑA DA CONFERENCIA “ROSALÍA DE CASTRO, DE ONTE A HOXE”,  IMPARTIDA POR PILAR GARCÍA NEGRO O VENRES 16 DE FEBREIRO DE 2024, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA (GALERÍA FOTOGRÁFICA)

2024, Conferencias, RESEÑA
A conferencia que Pilar García Negro impartiu o pasado venres, 16 de febreiro, na Casa da Cultura de Vilalba, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, resultou unha experiencia moi amena e enriquecedora. Pilar García Negro conseguiu transmitirnos a magnitude universal de Rosalía de Castro: como persoa adiantada ao seu tempo, como gran defensora da lingua, como feminista comprometida, como loitadora incansable polos dereitos das mulleres, como unha ferviente ecoloxista e cunha aguda crítica das inxustizas sociais. Para ilustrar todo o anterior, Pilar García Negro compartiu fragmentos selectos da obra de Rosalía, aportando profundidade á súa exposición. En definitiva, foi unha conferencia gratificante que deixou ao público moi agradecido e satisfeito. Agradecemento que o Iescha quere facer chegar a Pilar García Negro pola súa magnífica intervención e pola súa disposición a…
Ler máis
QUERO VER O MAR – HOMENAXE A ROSALÍA NO SEU DÍA: 23 DE FEBREIRO – O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS COMPARTE NAS REDES UN DESEÑO PARA CONMEMORAR O DÍA

QUERO VER O MAR – HOMENAXE A ROSALÍA NO SEU DÍA: 23 DE FEBREIRO – O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS COMPARTE NAS REDES UN DESEÑO PARA CONMEMORAR O DÍA

2024, FOTOS, Homenaxes
Como todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, á parte da programación específica denominada QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA e que figura noutro lugar desta páxina, quere contribuír á conmemoración do DÍA DE ROSALÍA, neste 23 de febreiro, compartindo en redes o deseño realizado na súa memoria: "EN TODO ESTÁS E TI ES TODO"
Ler máis
QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA.  PROXECCIÓN DE “A ROSA INCANDESCENTE”, DE DAVID VÁZQUEZ E ANXOS GARCÍA, CON CORREDORES DE SOMBRA E LAMBE LAMBE.

QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. PROXECCIÓN DE “A ROSA INCANDESCENTE”, DE DAVID VÁZQUEZ E ANXOS GARCÍA, CON CORREDORES DE SOMBRA E LAMBE LAMBE.

2024, Actividades, Conmemoracións, Homenaxes
VENRES 23 DE FEBREIRO DE 2024 - 20:00 H. VESTÍBULO DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza o venres 23 de febreiro de 2024, ás 20:00 horas, no Vestíbulo do Auditorio Municipal de Vilalba, a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A ROSA INCANDESCENTE”, realizado por DAVID VÁZQUEZ. No acto estará presente a guionista ANXOS GARCÍA, para conversar co público asistente. Contaremos tamén coa actuación dos grupos vilalbeses: CORREDORES DE SOMBRA e LAMBE LAMBE. Previamente, ás 19:30 h., levaríase a cabo a ofrenda floral no Parque Rosalía de Castro.  “A rosa incandescente” é unha curtametraxe de 2021, dirixida por David Vázquez Vázquez, con guión de Anxos García Fonte e interpretada por Alba López. Mostra a Rosalía de Castro,…
Ler máis
QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA”, POR DIEGO MONTENEGRO RIVAS. DENDE O 19/02 AO 12/03/2024. NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA. EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA”, POR DIEGO MONTENEGRO RIVAS. DENDE O 19/02 AO 12/03/2024. NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2024, Actividades, Exposicións, Homenaxes
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos que durante os meses de febreiro e marzo ten programados en homenaxe a Rosalía de Castro baixo o título de QUERO VER O MAR-HOMENAXE A ROSALÍA, organiza a EXPOSICIÓN “AS AVES DE GALICIA” de DIEGO MONTENEGRO RIVAS. Estará aberta ao público na Sala de Exposicións do AUDITORIO MUNICIPAL DE VILABA dende o 19 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024.  DIEGO MONTENEGRO RIVAS gran afeccionado e estudoso das aves, expón, no corredor do Edificio A do centro, esta escolma de fermosas fotografías de aves de Galicia que podemos atopar na nosa contorna. Nela atoparedes fantásticas instantáneas de paxaros próximos a nós, rulas, bubelas, mouchos, patos e cegoñas entre outros. A mostra poderase visistar no Auditorio Municipal de Vilalba dende o…
Ler máis