ACTO DO IESCHA: PALESTINE CINEMA DAYS AROUND THE WORLD. PROXECCIÓN DA PELÍCULA “WITH HASAN IN GAZA” de KAMAL ALJAFARI. LUNS 2 DE NOVEMBRO DE 2026- 20:30 H. NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.
Cada 2 de novembro, data na que se cumpre o aniversario da Declaración Balfour de 1917, celébranse os Días de Cine Palestino arredor do Mundo (Palestine Cinema Days Around the World), unha iniciativa global de resistencia cultural impulsada por FilmLab Palestine. A proposta reivindica o cinema como espazo de memoria e de expresión colectiva, e convida a públicos de todo o mundo a achegarse a miradas palestinas que moitas veces quedan fóra dos circuítos habituais de exhibición. Nesta ocasión, o Instituto de Estudos Chairegos-Iescha, a partir dunha proposta de Martin Pawley, ten a sorte de poder ser o organizador dun dos pases da película en Vilalba, Será o mesmo día que en todos os lugares do mundo, é dicir o LUNS 2 DE NOVEMBRO, ás 20:30 horas, na CASA DA…








