PROXECCIÓN DE “O CORPO ABERTO” DE ÁNGELES HUERTA, PELÍCULA GAÑADORA NOS PREMIOS MESTRE MATEO 2023-XOVES 30 DE NOVEMBRO, 20:30H. NO AUDITORIO MUNICIPAL D VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película O CORPO ABERTO, de Ángeles Huerta, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO. Esta oitava e terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o XOVES 30 DE NOVEMBRO DE 2023, ás 20:30h. SINOPSE1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega…