PROXECCIÓN DE “O CORNO”, DE JAIONE CAMBORDA, GAÑADORA DA CONCHA DE OURO NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2023.- VENRES 20-10-2023, 20:30 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

PROXECCIÓN DE “O CORNO”, DE JAIONE CAMBORDA, GAÑADORA DA CONCHA DE OURO NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2023.- VENRES 20-10-2023, 20:30 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2023, Actividades, Cine
 O venres 20 de outubro de 2023, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe O CORNO, da directora JAIONE CAMBORDA. Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva de entradas online na páxina do Concello https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional, aboar a cantidade de 3,00 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.  SINOPSE:  Illa de Arousa, 1971. María é mariscadora pero tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial adicación e coidado. Despois dun inesperado suceso,…
Ler máis
COÑECE A TÚA PROVINCIA. RUTA 10: SOBER. PROGRAMA CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO. MARTES 24 DE OUTUBRO DE 2023. SAÍDA ÁS 9:00 HORAS DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

COÑECE A TÚA PROVINCIA. RUTA 10: SOBER. PROGRAMA CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO. MARTES 24 DE OUTUBRO DE 2023. SAÍDA ÁS 9:00 HORAS DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2023, Actividades, Rutas
PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 3 AO 16 DE OUTUBRO DE 2023 (ata as 18:00 h.) O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) foi admitido para participar no Programa “Coñece a túa Provincia’2023”, convocado pola Deputación de Lugo, co seguinte CONTIDO (sempre suxeito a algún cambio): A viaxe terá lugar o martes 24 de outubro de 2023, con saída dende a Casa da Cultura de Vilalba ás 9,00 horas.  Ás 10:00 terá lugar unha visita ao Mazo de Santa Comba. A continuación levarase a cabo o Programa da Ruta concedida:  RUTA 1O (SOBER): Visita a unha adega en Amandi, visita á Rectoral de Gundivós, con demostración de olaría tradicional, visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil. Servizos incluídos:A excursión será de balde e incluirá transporte, guía acompañante, xantar (menú pechado cun primeiro prato, segundo prato, sobremesa, café…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL FINALISTA “NO SOMOS NADA”, DE JAVIER CORCUERA-DOMINGO 8 DE OUTUBRO DE 2023 – 20:00 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA  

CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL FINALISTA “NO SOMOS NADA”, DE JAVIER CORCUERA-DOMINGO 8 DE OUTUBRO DE 2023 – 20:00 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA  

2023, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental NO SOMOS NADA, de Javier Corcuera, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 8 DE OUTUBRO DE 2023, ás 20:00H.  SINOPSETras anos de silencio, a lexendaria banda vasca La Polla Records regresa aos escenarios por sorpresa. Evaristo Páramos, o seu carismático vocalista, anúnciao en roda de prensa. Os seus miles de seguidores corren a voz e prepáranse para o acontecemento. Evaristo fai memoria desde…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA PELÍCULA “LIVE IS LIFE”, DE DANI DE LA TORRE. DOMINGO 24-09-23, ÁS 20:00 HORAS-NO AUDITORIO DE VILALBA

CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA PELÍCULA “LIVE IS LIFE”, DE DANI DE LA TORRE. DOMINGO 24-09-23, ÁS 20:00 HORAS-NO AUDITORIO DE VILALBA

2023, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película LIVE IS LIFE, de Dani de la Torre, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta cuarta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 24 DE SETEMBRO DE 2023, ás 20:00H.  SINOPSEVerán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e volta á aldea galega dos seus pais para reencontrarse coa súa panda. Pola contra, este ano é distinto para él e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan aparecer nas…
Ler máis
RESEÑA DO COLOQUIO SOBRE JUANA DE VEGA DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS. XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, ANA CABANA IGLESIA E MARTA VEIGA IZAGUIRRE (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO COLOQUIO SOBRE JUANA DE VEGA DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS. XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, ANA CABANA IGLESIA E MARTA VEIGA IZAGUIRRE (VIDEO-RESUME)

2023, Charla-Coloquio, CICLO MULLERES GALEGAS, RESEÑA, Vídeos
Moi interesante o coloquio que sobre a figura de JUANA DE VEGA tivemos a oportunidade de presenciar onte, venres 15 de setembro, na Casa da Cultura de Vilalba, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello, dentro do CICLO MULLERES GALEGAS, e no que participaron Xosé Ramón Veiga Alonso, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre.  Marisa Barreiro, presidenta do Iescha foi a encargada de facer a súa presentación e realizar unha primeira aproximación a Juana de Vega, contextualizando a súa época e a súa traxectoria vital. A continuación, Marta Veiga, a través de preguntas, e Xosé Ramón Veiga e Ana Cabana, respondendo a elas, foron esmiuzando a biografía e os aspectos máis destacados da figura de Juana de Vega: a súa orixe; a súa educación; o seu carácter…
Ler máis
CICLO MULLERES GALEGAS-COLOQUIO SOBRE A FIGURA DE JUANA DE VEGA-COA INTERVENCIÓN DE XOSÉ RAMÓN VEIGA, ANA CABANA E MARTA VEIGA-CASA DA CULTURA, 15-09-2023, ÁS 20:00.

CICLO MULLERES GALEGAS-COLOQUIO SOBRE A FIGURA DE JUANA DE VEGA-COA INTERVENCIÓN DE XOSÉ RAMÓN VEIGA, ANA CABANA E MARTA VEIGA-CASA DA CULTURA, 15-09-2023, ÁS 20:00.

2023, Actividades, Charla-Coloquio
 O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 15 de setembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, un COLOQUIO sobre a figura de  “JUANA DE VEGA”, a cargo de XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, autor do libro: “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872)”, ANA CABANA IGLESIA e MARTA VEIGA IZAGUIRRE. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.  Esta será a sexta conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e levaba por…
Ler máis
RESEÑA DO II DÍA DOS ACTOS DA CULTURA CHAIREGA: MARICA CAMPO, SOCIA DE HONRA DO IESCHA – CONCERTO DE TUNDAL (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO II DÍA DOS ACTOS DA CULTURA CHAIREGA: MARICA CAMPO, SOCIA DE HONRA DO IESCHA – CONCERTO DE TUNDAL (VIDEO-RESUME)

2023, Homenaxes, Manuel Maria, RESEÑA, Vídeos
Sábado, 9 de setembro de 2023, segunda xornada dos actos da Cultura Chairega programados polo IESCHA en homenaxe a Manuel María no XIX Cabodano. Auditorio Municipal de Vilalba. O ambiente, como noutras acasións, cercano, familiar e expectante. Inicio: a voz en off de Marica Campo falando de Manuel María marca a emotividade do evento. A súa proximidade co ilustre poeta queda patente en cada palabra pronunciada, lembrando a un gran amigo e a un grande da cultura galega. A continuación, a intervención de Marisa, presidenta do Iescha, afonda, se cabe con máis firmeza, na necesidade de recoñecer a achega de Manuel María para con Vilalba e a Terra Chá. Con moita emoción, faise eco da demanda do IESCHA para que, dunha vez por todas, o nome de Manuel María quede…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XIX CABODANO. RECITADO E OFRENDA FLORAL AO CARÓN DA SÚA ESCULTURA. VENRES 8 DE SETEMBRO DE 2023 (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO ACTO DE HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XIX CABODANO. RECITADO E OFRENDA FLORAL AO CARÓN DA SÚA ESCULTURA. VENRES 8 DE SETEMBRO DE 2023 (VIDEO-RESUME)

2023, Homenaxes, Manuel Maria, RESEÑA, Vídeos
Na noite deste venres, oito de setembro de 2023, levouse a cabo a primeira das homenaxes a Manuel María, no seu XIX cabodano, dentro dos actos da Cultura Chairega, que organiza o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba e a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Arredor da escultura do poeta da Terra Chá, e tendo como telón de fondo a Casa da Cultura (para a que o Iescha, unha vez máis, solicitou recentemente o nome de Manuel María), os asistentes presenciaron un acto no que se mesturou a arte do verso coa homenaxe sentimental: As palabras iniciais, os versos declamados por varios dos asistentes e as flores colocadas ao remate na escultura, deron forma a unha ofrenda sinxela pero chea da admiración e do cariño das persoas…
Ler máis
CICLO PREMIOS MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL GAÑADOR “MARÍA CASARES. A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS”, DE XAVIER VILLAVERDE. DOMINGO 10-09-2023, 20:00 HORAS

CICLO PREMIOS MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL GAÑADOR “MARÍA CASARES. A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS”, DE XAVIER VILLAVERDE. DOMINGO 10-09-2023, 20:00 HORAS

2023, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección documental MARÍA CASARES, A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS, de Xavier Villaverde, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta terceira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 10 DE SETEMBRO DE 2023, ás 20:00H.  SINOPSEMaría Casares: A muller que viviu mil vidas, propón unha aproximación íntima e profunda á vida desta muller extraordinaria; unha homenaxe desde a súa Galicia natal, á que nunca esqueceu, no primeiro centenario do o seu nacemento, a unha figura…
Ler máis
ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA, NO XIX CABODANO. VENRES 8 E SÁBADO 9 DE SETEMBRO DE 2023

ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA, NO XIX CABODANO. VENRES 8 E SÁBADO 9 DE SETEMBRO DE 2023

2023, Actividades, Homenaxes, Manuel Maria
Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza os ACTOS DA CULTURA CHAIREGA, en homenaxe a MANUEL MARÍA, coincidindo neste 2023 co seu XIX CABODANO. PROGRAMA * VENRES 8 DE SETEMBRO – ÁS 20:30 HORAS –  NO ESPAZO MANUEL MARÍA Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego.  Entrada libre e gratuíta. * SÁBADO 9 DE SETEMBRO – ÁS 20:30 HORAS – NO AUDITORIO MUNICIPAL Terá lugar en primeiro lugar: O ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIA DE HONRA DO IESCHA A MARICA CAMPO, nomeamento acordado por aclamación dos asistentes na Asemblea Xeral do…
Ler máis