RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, DE CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, DE CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO (VIDEO-RESUME)

2023, RESEÑA, Vídeos
Este venres, 9 de xuño, na Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar o acto de presentación do libro “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, de CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO, editado polo Grupo BEROLY e organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba. Coas doces e emotivas notas musicais interpretadas magnificamente por un pequeno grupo de compoñentes da Banda de Música de Vilalba, da que o autor do libro foi director durante varios anos, deu comezo o acto presentado por Chema Felpeto, da xunta directiva do Iescha. A continuación, fóronse sucedendo distintas intervencións: Ramon Guntin, en representación da Banda de Música de Vilalba; Xose M. Yáñez, do Grupo BEROLY; Laura Veleiro, como ilustradora do libro; Beatriz Maceda, escritora, e César Concheiro, músico e autor…
Ler máis
CONFERENCIA LETRAS GALEGAS IMPARTIDA POR MALORES VILLANUEVA “FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN LOITADOR POLA IDEA DE GALICIA” (VIDEO-RESUME)

CONFERENCIA LETRAS GALEGAS IMPARTIDA POR MALORES VILLANUEVA “FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN LOITADOR POLA IDEA DE GALICIA” (VIDEO-RESUME)

2023, Vídeos
Un luxo poder gozar na tarde-noite deste venres, no Auditorio Municipal de Vilalba de Malores Villanueva falando de Francisco Fernández del Riego, nunha conferencia organizada polo Instituto de Estudos Chairegos co gallo das Letras Galegas 2023. Foi unha moi boa oportunidade para afondar na vida e obra de Francisco Fernández del Riego, escritor nacido en Vilanova de Lourenzá e homenaxeado nesta ocasión. Malores Villanueva fixo unha descrición detallada da biografía de Del Riego, acompañando a súa charla con imaxes que retrataron diferentes momentos da súa vida. Soubemos, por boca de Malores, que desde a súa infancia, Del Riego desenvolveu o amor pola lingua galega, influenciado polas cancións que lle cantaba a súa avoa. A medida que foi medrando, a súa conciencia galeguista foise facendo máis forte, sobre todo durante a…
Ler máis
RESEÑA DO DEBATE ELECTORAL-MUNICIPAIS’23 ORGANIZADO NA CASA DA CULTURA POLO IESCHA ENTRE CABEZAS DE LISTA DE PSOE, PP, VA E BNG (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO DEBATE ELECTORAL-MUNICIPAIS’23 ORGANIZADO NA CASA DA CULTURA POLO IESCHA ENTRE CABEZAS DE LISTA DE PSOE, PP, VA E BNG (VIDEO-RESUME)

2023, Debates, RESEÑA, Vídeos
Participaron no debate: Elba Veleiro, Sandra Vázquez, Modesto Renda e Tino Alvite, cabezas de listas das catro candidaturas presentadas no Concello de Vilalba por parte dos partidos: PSOE, PP, VA e BNG, respectivamente. O desenrolo do debate, magnificamente moderado, como de costume, por Baruk Domínguez, seguiu o mesmo formato na distribución de tempos e temas a tratar que en anteriores ocasións, e onde cada candidato/a foi presentando as súas propostas e argumentos buscando convencer aos votantes da súa idoneidade para o cargo. Houbo tamén turnos de réplicas e contrarréplicas. En xeral, durante o debate foron mostrándose as diferentes visións e enfoques das catro candidaturas, cun minuto de ouro final que cada representante aproveitou para pedir o voto para o seu partido. Dende o IESCHA, temos que agradecer, en primeiro lugar,…
Ler máis
RESEÑA DA CONFERENCIA DE RICARDO POLÍN: “A QUE FÍA, AMA E ORA. ESTAMPAS DA MULLER TRADICIONAL NA LITERATURA DE COSTUMES” (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DA CONFERENCIA DE RICARDO POLÍN: “A QUE FÍA, AMA E ORA. ESTAMPAS DA MULLER TRADICIONAL NA LITERATURA DE COSTUMES” (VIDEO-RESUME)

2023, CICLO MULLERES GALEGAS, Conferencias, RESEÑA, Vídeos
Na noite de onte, 12 de maio, e dentro do ciclo MULLERES GALEGAS, tivo lugar na Casa de Cultura de Vilalba a conferencia “A QUE FÍA, AMA E ORA. ESTAMPAS DA MULLER TRADICIONAL NA LITERATURA DE COSTUMES (E NO GRAVADO ANTIGO)”, impartida por RICARDO POLÍN, Doutor en Filoloxía e Historiador, que foi presentado por MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. Como xa nos ten acostumbrados en colaboracións anteriores, Ricardo Polín levou a cabo unha interesante, detallada e completa exposición, transmitindo a información de maneira clara, concisa e apaixoada, e profundizando nos detalles máis relevantes ao redor da figura tradicional da muller galega na literatura de costumes e nos gravados. Na súa exposición, acompañada de imaxes alusivas, Polin fixo mención, entre outras moitas caracterísiticas, á fortaleza, á valentía, á laboriosidade e ao…
Ler máis
ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE BALDO RAMOS “AS ALDEAS DA MEMORIA” , CON NACHOK E MANU PANFORRETEIRO-CASA DA CULTURA DE VILALBA-7/05/2023 (VIDEO-RESUME)

ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO DE BALDO RAMOS “AS ALDEAS DA MEMORIA” , CON NACHOK E MANU PANFORRETEIRO-CASA DA CULTURA DE VILALBA-7/05/2023 (VIDEO-RESUME)

2023, Presentacións libros, RESEÑA, Vídeos
https://youtu.be/4UtXDFNprFY Onte domingo 7 de maio, á tardiña, tivo lugar na casa da Cultura de Vilalba o acto de presentación do libro de Baldo Ramos “As Aldeas da Memoria”, coa participación de Baldo Ramos, Nachok e Mano Panforreteiro. Un recital performativo que tiña como base os poemas de Baldo Ramos que forman parte do referido libro "As aldeas da memoria". Poemas que reconstrúen un pasado no que as aldeas estaban habitadas e nos que aínda é posible habitar unha memoria compartida. En palabra de Daniel Caxigueiro, autor do limiar do libro, "As aldeas da memoria (...) vai encher baleiros que só a poesía, en calquera das súas manifestacións, é capaz de alcanzar." A música de Mano Panforreteiro vén cohabitar eses baleiros, acompasada coas imaxes fotográficas de Nachok que dialogan cos…
Ler máis
PRESENTACIÓN CATRO LIBROS DE PAULO NASEIRO, MARIO PAZ GONZÁLEZ, MONCHO PAZ, AAVV CON ARTIGOS PUBLICADOS NA WEB AVOZDEVILALBA.GAL (VIDEO-RESUME)

PRESENTACIÓN CATRO LIBROS DE PAULO NASEIRO, MARIO PAZ GONZÁLEZ, MONCHO PAZ, AAVV CON ARTIGOS PUBLICADOS NA WEB AVOZDEVILALBA.GAL (VIDEO-RESUME)

2023, Actividades, RESEÑA, Vídeos
Onte á tardiña, tivo lugar un acto moi especial na Casa da Cultura de Vilalba. Tratábase da presentación destes catro libros pertencentes á colección Biblioteca Chairega, resultado de senllas escolmas dos artigos publicados en avozdevilalba.gal, que deste xeito poñía fin a moitos anos de actividade, primeiro en papel e posteriormente en dixital: Baixo a Pravia, de Paulo Naseiro, limiar de María Xosé Lamas (nº 31) Como rematar cos libros dunha vez por todas, de Mario Paz González, limiar de Helena Villar Janeiro (nº 32) Pílulas de vendimario, de Moncho Paz, abecedario: Pilar Maseda e Iria F. Crespo, obituario: Miguel Barrera (nº 33) Outras voces, de Autores varios, limiar: Marisa Barreiro (nº 34)Todos eles coa ilustracións de portada a cargo do artista Baldo Ramos O acto foi iniciado pola presidenta do…
Ler máis
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” DE JESÚS TRASTOY NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE GUITIRIZ (VIDEO-RESUMO FOTOGRÁFICO)

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” DE JESÚS TRASTOY NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE GUITIRIZ (VIDEO-RESUMO FOTOGRÁFICO)

2023, Actividades, Exposicións, RESEÑA, Vídeos
A Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz acolle dende hoxe venres 28 de abril e grazas a inciativa do Instituto de Estudos Chairegos - Iescha -, a exposición ‘Láminas do Quixote’, unha mostra formada por 108 láminas (ilustracións da novela de Cervantes) que Jesús Trastoy debuxou a bolígrafo nun minucioso, paciente e encomiable traballo. Pódese visitar na Casa Habanera de Guitiriz ata o 15 de maio de 2023, no seguinte horario: Mañás: Luns a venres de 10:00 a 14:00 h.Tardes: Luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h. Se un grupo que concertar visitas pode facelo a través do correo electrónico: biblioteca@concellodeguitiriz.com. https://youtu.be/RQUnBTBW5bI
Ler máis
CONFERENCIA DE LUZ DARRIBA “PARA RETER A AUGA. CONVERSA AO REDOR DE MARÍA CASARES”-CASA DA CULTURA DE VILALBA-21-04-2023 (VIDEO-RESUME)

CONFERENCIA DE LUZ DARRIBA “PARA RETER A AUGA. CONVERSA AO REDOR DE MARÍA CASARES”-CASA DA CULTURA DE VILALBA-21-04-2023 (VIDEO-RESUME)

2023, CICLO MULLERES GALEGAS, Conferencias, RESEÑA, Vídeos
Na tarde-noite deste venres, na Casa da Cultura de Vilalba, o Iescha, en colaboración co Concello de Vilalba, e dentro do ciclo MULLERES GALEGAS, organizou a conferencia de LUZ DARRIBA “Para reter a auga. Conversa ao redor de María Casares”. O acto resultou enriquecedor en moitos sentidos: Primeiro, coa presentación da conferenciante por parte de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, quen, entre outros aspectos, fixo fincapé no seu grande e prolífico traballo, levado a cabo dende hai tempo e en moitos países. A continuación, coa intervención de Luz Darriba, detallada e interesante, abordando diversos aspectos da vida de María Casares, en Galicia, en Madrid, no exilio... os seus avatares, así como a súa traxectoria no teatro e no cine, dando unha visión dos retos e obstáculos aos que se enfrontou,…
Ler máis
VIII RUTA CULTURAL VISITANDO AS TERRAS DE PADRÓN, DODRO E RIANXO-DOMINGO 26 DE MARZO DE 2023-INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS (VIDEO-RESUME)

VIII RUTA CULTURAL VISITANDO AS TERRAS DE PADRÓN, DODRO E RIANXO-DOMINGO 26 DE MARZO DE 2023-INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS (VIDEO-RESUME)

2023, RESEÑA, Rutas, Vídeos
Espléndido día o deste domingo para realizar a VIII Ruta Cultural por terras de Padrón, Dodro e Rianxo que organizou o Iescha. Comezamos o percorrido en Padrón, visitando a Casa-Museo de Rosalía, onde tivemos a sorte de poder contar cun excepcional anfitrión, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, quen nos ofreceu completas e detalladas explicacións sobre a Casa-Museo e a figura de nosa egrexia escritora. Seguimos a nosa viaxe ata chegar a Dodro, onde nos agardaba Carlos Henrique Ferández Coto, presidente de Apatrigal, verdadeiro defensor e coñecedor de todo o relativo ao patrimonio cultural galego, quen nos deu a coñecer detalles do hórreo de Arco e dos de Imo, poñendo en valor moitos aspectos da arquitectura popular galega. Xa en Rianxo, puidemos contemplar algunhas das nomeadas Casas do…
Ler máis
ACTO DO IESCHA: MESA REDONDA “VILALBA SOCIAL”-VENRES 17 DE MARZO DE 2023, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA(VIDEO-RESUME)

ACTO DO IESCHA: MESA REDONDA “VILALBA SOCIAL”-VENRES 17 DE MARZO DE 2023, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA(VIDEO-RESUME)

2023, MESA REDONDA, RESEÑA, Vídeos
A mesa redonda que organizou o IESCHA na noite deste venres e na que participaron representantes de catro entidades vilalbesas do ámbito SOCIAL: Fundación Hospital Asilo, Centro Sociocomunitario, Centro Ocupacional e Servizo de Axuda no Fogar-SAF, foi sen dúbida un acto completísimo que superou sobradamente as expectativas iniciais. Carlos López Eimil, José Antonio Pita Paz, Juan Rico Andión e Marta Rouco Seoane, representantes respectivos das catro entidades antes citadas, e presentados por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, foron expoñendo de xeito pormenorizado as distintas características e as variadas funcións propias de cada institución. A aportación de datos, as precisas descricións dos diferentes servizos ou a sensibilidade mostrada polos participantes durante as súas intervencións foron algunhas das características destacadas do acto, onde cada representante quixo poñer en valor, tamén, o carácter…
Ler máis